Batallán, Luis Emilio

Foto Emilio Batallán
Batallán, Luis Emilio

Naceu en Santiago no ano 1948 e entrou na música galega coa publicación, no ano 1975, dun disco mítico como é Ahí vén o maio, no que musicaba poemas de Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro, Ramón Cabanillas, Rosalía de Castro ou Álvaro Cunqueiro. Probablemente, é o disco máis vendido da historia da música galega. Entre os seus traballos destacan outros como Ballet da nena, con letras propias e nos que incorpora a poetas como Uxío Novoneyra, Manuel Antonio ou Xosé Neira Vilas.

As súas obras

Había que chegar
Había que chegar
21.00€ CON IVE