Nace en Valls en 1953. Diplomouse en Maxisterio e licenciouse en Filoloxía Catalana. Obtivo o premio Sant Joan de novela, pero tamén cultivou outros xéneros literarios. Boa parte da súa creación está dirixida aos lectores e lectoras máis novos. Actualmente, combina a súa faceta de escritora coa de profesora de Teoría da Literatura na Universidade Rovira i Virgili.