Xiana Arias Rego (A Fonsagrada, 1983) é autora do libro de poemas Ortigas, polo que recibiu o Premio de Poesía Xosé María Pérez Parallé no ano 2007. Colaborou coas revistas Dorna e Xistral e na "Revista das Letras" do xornal Galicia Hoxe. En 2008, a súa serie de poemas "Cleo de dez a doce" foi incluída en Pirata, unha publicación das Brigadas de Intervención Rápida George Grosz en apoio ao Cineclube de Compostela. Traballa como xornalista no Diario Cultural da Radio Galega.