Arcas , José

jose-arcas
Arcas , José

Dende neno tiven moita curiosidade polo mundo natural. Pintei sempre, dende neno, animais. Estudei Ciencias Biolóxicas e doutoreime na Universidade de Vigo cun traballo sobre as andanzas no intermareal dunha ave cun nome  moi simpático, o bilurico bailón (Actitis hypoleucos).

Seguín debuxando á par que ía por media España traballando en diferentes proxectos de conservación de aves e os seus hábitats. Nos últimos vinte anos a pintura da natureza foi ocupando cada vez máis o meu tempo, ata agora, dedicándome de xeito profesional.

Son moitas as exposicións colectivas e individuais feitas en Galicia e fóra, das que a máis salientable foi  a da Real Sociedade Británica do lapis de cor, en 2008.

Na actualidade estou moi interesado pola pintura do rural galego nun movemento ao que chamo agrosketching.

Levo publicados varios libros en formato de caderno de campo, destacando Alexandriuns, sobre a conservación da píllara das dunas e un caderno de campo sobre o parque nacional das Illas Cíes.

Tamén son director artístico da revista on line El Ecoturista. 

 

Entre as exposicións máis recentes destacan, en solitario: 2019 Feira da Arte e a Cultura de Galicia Culturgal; Stand Agencia Ecowildlife Travel. Feria Madbird, en Madrid (2018); Stand Agencia Ecowildlife Travel. Feria Madbird, Madrid (2017). E as colectivas: Pittori in Faggeta. Villavallelonga. P. N. Abruzzo, Lazio e Molise, Italia (2019); e, en 2018 Galería a+b. Tollo, Goián.

Se precisas máis información podes obtela en: https://josearcas.com

As súas obras

Viches iso?
9788491517122
21.20€ CON IVE