Apuleyo naceu en Madaura, África, no ano 114 d.C. A el atribúeselle o libro titulado O asno de Ouro, relato no que se describen as andanzas dun mozo, Lucio.
Lucio, cegado polas súas paixóns, recorre á maxia para lograr o cumprimento dos seus desexos, pero algo sae mal, e como resultado convértese nun asno. Seguen logo os seus padeceres como asno pasando de man en man, ata este último capítulo onde, ao apiadarse Isis del, devólvelle a figura humana e iníciao nos seus misterios.