Alvilares, Xosé

alvilares moure
Alvilares, Xosé

Teólogo nado en Chantada en 1928. Exerceu como párroco en varias localidades galegas, para despois exercer como profesor de ensino medio en Lugo. Destacou como defensor da renovación eclesiástica propugnada polo Concilio Vaticano II, o que se reflicte na súa atención á realidade da Igrexa galega. En lingua galega é autor de O Clero i-o uso do idioma galego, publicado en 1965 con apéndice de Xesús Alonso Montero. Participou no libro colectivo A parroquia hoxe (1969). En 1992 estreouse como autor de ficción con Memorial de agravios.

As súas obras

Memorial de agravios
memorial agravios
27.90€ CON IVE