Álvarez, Vanesa

vanesa-alvarez
Álvarez, Vanesa

(Vigo, 1983). Titulada en artes plásticas e deseño, traballa como creadora tanto na súa vertente máis comercial, como en artes escénicas (A artística, 6×6, A factoría teatro, VGo Negro Son), poesía (Festival Kerouac) e arte urbana (Vigo Cidade de Cor, Pintamalasaña Madrid, Casa Galicia NY e Brooklyn Internacional School entre outros).

A poesía visual sempre tivo unha pegada palpable na obra desta artista gráfica, que participou en expos de xoiería (GZ Crea), fotografía (Casa das Mulleres), perfomance “ Xardín segredo” en MARCO (coa Canalla) ou en colectivas no VERBUM. A súa exposición individual “Ser é crear” mostrouse en espazos de Galicia e Portugal. Tamén realizou instalacións artísticas no Instituto Cervantes New York, Festival Arteficial e Centro Cultural de España en México.

Recentemente inaugurou “Poetry Month” exposición de fotografía analóxica, pintou o seu último mural en Vigo, “Expostas”, sobre o empoderamento e visibilización da muller a través da arte urbana e realizou muráis e talleres con cativos en México coa Asociación LADLE.

As súas obras

A túa historia
a-tua-historia
16.50€ CON IVE