(Matamá, Vigo) é doutora en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Vigo, onde tamén se licenciou en Filoloxía Hispánica. Dende 2012 vive entre a súa cidade de orixe e Edimburgo; alí leva a cabo diferentes iniciativas de diseminación cultural como EnEscociaEnGalego. En 2015 publicou a súa primeira novela, Despois do cataclismo (Urco Editora), e en 2017 o ensaio Transmigrantes. Fillas da precariedade (Axóuxere). Tamén é autora de relatos curtos e poemas en lingua galega e inglesa.
Foto da autora de Miguel Torrado Mariñas.