(Pontevedra, 1974) é licenciada en Belas Artes, na especialidade de pintura, pola Universidade de Vigo. Comeza a súa incursión na literatura infantil na editorial Kalandraka en 1998, onde ilustra, desde, 2007, a colección Makaquiños, contos para nenos con necesidades educativas específicas. Tamén traballa tamén como profesora de Debuxo en ensinanza secundaria.
Desenvolveu o seu traballo como ilustradora profesional colaborando na ilustración de libros de texto para educación primaria, e tamén ilustrou carteis, participou en exposicións para organismos oficiais e expuxo o seu traballo en certames internacionais como a Bienal de Bratislava.
Despois de ilustrar máis de quince contos e álbums para diferentes editoriais, na actualidade traballa na creación de proxectos escritos e ilustrados por ela mesma. Un ollo para ler é o primeiro álbum completo como autora.