Aid

3
Aid

Aida Alonso Iglesias, artisticamente coñecida como Aid, é unha cantante e compositora de hip hop e música urbana. Naceu en 1990 en Vigo, e o seu contacto co hip hop chega ao redor dos 12 anos, cando comeza a facer as súas primeiras gravacións caseiras de rap ao redor do ano 2003. En 2004 é un amigo seu quen colga catro dos seus temas nunha coñecida páxina web, sacando á luz o que ía ser a súa primeira maqueta 'Demo' (2004), e 'Aquí tenéis foi a segunda', lanzada en xaneiro de 2007.

O 22 de outubro de 2008 gaña a IV edición do Festival Heineken Greenspace, en Valencia, por diante de máis de 1.300 grupos, converténdose na primeira rapeira que o acada e a artista máis nova que o logra. O 9 de febreiro de 2009 saíu á rúa Jugando, álbum co que debuta. O 28 de xullo de 2009 saíu elixida artista da semana no portal musical iTunes, co tema "Boogie Vigo", e en setembro artista do mes no concurso Ones To Watch, de Myspace. O 11 de xullo de 2010 gañou o concurso Márcate un Squares de Kellogs.

Entre outros traballos, destacan a elaboración de obradoiros de hip hop en centros culturais e de ensino galegos e o seu traballo como locutora e reporteira en medios locais. Ademais da súa faceta artística, é afeccionada ao deporte e estuda Enxeñería de Telecomunicacións na Universidade de Vigo.

As súas obras

Rapoemas
rap
esgotado