Abella Chouciño, Xelucho

chouciño
Abella Chouciño, Xelucho

Nacido en Malpica en 1945, estudou Filosofía na Universidade Pontificia de Salamanca e na actualidade é profesor desa mesma disciplina nun instituto de Ponteceso. Ademais dalgúns traballos de contido filosófico aparecidos en revistas especializadas, Abella ten publicados varios relatos orientados referentemente ao público xuvenil. Este é o caso de A cidade maldita (1991), narración que se nutre de materiais tomados das lendas artúricas e da tradición fantástica. A literatura de Abella Chouciño caracterízase tematicamente pola súa aproximación ao medo e ao misterio a partir do cotián. En 1998 publicou o libro de relatos A ermida do diaño, dirixido tanto ao público xuvenil coma ao adulto.

As súas obras

A ermida do diaño
foto
11.90€ CON IVE