traballa desde 2018 na revista cultural A Movida, exercendo como redactor e fotógrafo. Durante este tempo acudiu a numerosos concertos e festivais, e realizou máis dun centenar de artigos sobre música e artistas locais. Foi Xurado Novo en festivais de cine (Novos Cinemas en 2016 e San Sebastián en 2017) e en 2020 dirixiu o seu segundo documental, The Death: el reencuentro, seleccionado en Cineuropa e premiado no OUFF. En 2021 codirixiu a curta documental O profesor, gañadora do Desafío Audiovisual Illas Cíes, e logrou un accésit no Concurso de Relatos Vigo Histórico coa obra Cidade fermosa.