Este luns remata o prazo para o Premio Illa Nova 2019

Este luns, 14 de xaneiro, remata o prazo para participares no Premio Illa Nova de Narrativa para autoras e autores menores de 35 anos. Se tes menos de 35 anos e unha novela ou libro de relatos inédito, non dubides en enviárnola antes do 14 de xaneiro (incluído). Podes gañar un premio de 3.000 euros […]

Conversamos con Antía Yáñez, Premio Illa Nova 2018

Despois dunha exitosa primeira edición e aínda co sabor a salitre na boca tras a lectura de A vida sinxela de Marcelo Firmamento, en 2018 fíxose co Premio Illa Nova de Narrativa para menores de 35 anos, Antía Yáñez (Burela, 1991). Senlleiras, que vai xa pola súa cuarta edición en pouco máis de cinco meses, […]

Conversamos con Vanesa Santiago, Premio Illa Nova 2017

No outono de 2016 botaba a andar o Premio Illa Nova de Narrativa para autoras e autores menores de 35 anos, unha iniciativa da Editorial Galaxia para apoiar a creación e darlle a benvida ao catálogo da colección Literaria ás voces máis novas do panorama en lingua galega. Emprendiamos así un proxecto que apostaba polo […]

Os máis vendidos do 2018

En Galaxia botamos a vista atrás para ver cales foron os libros máis vendidos da nosa editorial no pasado 2018. Encabezando a listaxe, un dos libros que protagonizou a vida literaria e cultural de Galicia o pasado ano: Anagnórise, a obra mestra de María Victoria Moreno, autora homenaxeada co Día das Letras Galegas 2018. Un […]

Galaxia arranca cun 2019 cheo de novidades

Co inicio do ano, na Editorial Galaxia comezamos a preparar os que serán os títulos cos que encheremos os andeis das librarías nesta primeira metade de 2019: novidades para todos os públicos e todos os gustos que non poderedes deixar de ler. Así, en Literaria, a nosa colección de narrativa para adultos, destaca a chegada […]

Alma e o mar e a perspectiva de xénero

No número 21 da revista de estudos galegos da Universidade Complutense de Madrid, Madrygal, Inma Doval-Porto asina este interesante artigo onde se analiza a última novela de Francisco X. Fernández Naval, Alma e o mar, dende unha perspectiva de xénero. Para non perder! Podes descargar o documento aquí.

Xa chegou o Apalpador!

Achégase o final do ano e o Apalpador visitará nestas datas as vilas galegas para apalpar os ventres dos máis cativos e ver se comeron abondo durante este 2018. O xigante carboaeiro deixará agasallos e mancheas de castañas para desexarnos fortuna, felicidade e fartura no ano que comeza. Se aínda non coñeces a figura do […]

Deixe a súa mensaxe despois do sinal finalista do Premio Novela Europea

Días antes do Nadal soubemos da marabillosa nova: Deixe a súa mensaxe despois do sinal, a exitosa novela de Arantza Portabales era única finalista en galego dunha anovada edición do Premio Novela Europea Casino de Santiago. A carón de Perdón, de Ida Hegazi Hoyer; Recursos inhumanos, de Pierre Lemaitre; Tierra de campos, de David Trueba; e […]