Fallado o premio INSPIRACIENCIA

Xa se coñecen os gañadores nas distintas categorías do II Concurso de relatos de inspiración científica INSPIRACIENCIA e no que, por vez primeira, tamén puideron participar relatos en galegos pois Editorial Galaxia se incorporou este ano á organización. Así pois, no que se refire á nosa lingua,o xurado decidiu conceder o primeiro premio da modalidade […]
CARTA URXENTE PARA MÁXIMO TOXO en Gondomar

Este sábado será especialmente intenso para o libro 'Carta urxente para Máximo Toxo', de Diego Rey, na vila de Gondomar. Así pois no club de lectura Lendo Contigo, que se celebra ás 12:00 h na Biblioteca Municipal Gondomar, falarase sobre o libro co seu autor. E logo, ás 18:00 h, no Auditorio Municipal Lois Tobío, […]
Día do Libro

Hoxe, 23 de abril, celébrase en todo o mundo o Día do Libro. E como cada ano, volvemos facer recordatorio da fe común que mantemos arredor deste obxecto que é moito máis ca unha cousa: dentro viven pensamentos, verbas de amor, tramas inauditas, personaxes inesquencibles, ideas para transformar o mundo. Hoxe reivindicamos, tamén, o libro […]
CONTOS PARA IR DURMIR

Este martes, ás 20:00 h, terá lugar na librería Andel (rúa Pintor Lugrís, 10) de Vigo a presentación do debut literario de Roi Méndez, Contos para ir durmir, publicado na colección Árbore de Galaxia. Estará acompañado neste acto polo editor, Francisco Castro. É un libro de contos para ler a calquera hora. Tamén para ir […]
Entrega do premio Rosa dos Ventos a Víctor F. Freixanes

"As culturas sostéñense sobre o capital humano, sobre a intelixencia, sobre os homes e mulleres que son capaces de soñar o futuro", asegurou o xoves o director xeral da Editorial Galaxia, Víctor Fernández Freixanes, ao recibir de mans dos alumnos do Instituto Santiago Apóstol o premio Rosa dos Ventos. Na cerimonia engadiu que ese rapaces […]
Manuel Núñez Singala, premio Frei Martín Sarmiento

Esta mañá de martes fallouse, na Festa da Lingua, no Pazo de Congresos de Pontevedra, unha nova edición do Premio Frei Martín Sarmiento que recoñece, a xuízo de varios milleiros de alumnos e alumnas participantes no proceso de selección, lectura e valoración, as obras mellores do ano pasado. O gañador, na categoría de mellor obra […]
Presentación de CONTOS DA TERRA DA TARDE en Boiro

A Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, Editorial Galaxia e o Concello de Boiro convidan á saída do número 74 do suplemento cultural 'A Voz de Barbantia', así como á presentación do libro 'Contos da terra da tarde', de Bieito Iglesias. O acto terá lugar mañá venres 27 de abril, ás 20:30 h., no […]
Faleceu Xaime Isla Couto

(foto de Xurxo Lobato) Hai poucas horas faleceu en Vigo o ensaísta, avogado, economista, animador cultural e político do galeguismo Xaime Isla Couto (Santiago de Compostela, 1915-Vigo, 2012). Era Presidente de Honra de Editorial Galaxia S. A. e cofundador da editora en 1950. Tamén era director de Honra da revista Grial. Editorial Galaxia constituíuse en […]