
Naceu en San Cibrao en xaneiro de 1996.
Estudou o Grao de Educación Primaria na Unversidade de Santiago de Compostela.
Desde os 16 anos comezou a participar en escolmas de verso e prosa, en Diversidad Literara e ACEN, gañando algúns concursos.
En xuño de 2022 gañou a sexta edición do Premio Illa Nova de Narrativa para menores de 35 con O libro dos corazóns rotos (editada en Galaxia como A malferida). Tamén neste ano gañou o Premio de Novela Vilar Ponte 2022 coa obra Tecendo redes.