
(Vigo, 1971) é licenciado en Antropoloxía Social e Cultural e en Ciencias Económicas e Empresariais. Escritor, documentalista e músico tradicional, traballa como antropólogo profesional. É membro fundador e presidente da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) e está vencellado ao asociacionismo e á dinámización sociocultural. En 2015, obtivo o Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais co seu traballo Análise estrutural e simbólica do mito da moura galega. Tamén foi gañador do Premio de Investigación Luís Cuadrado en 2010 co seu traballo A Nosa Señora da Lanzada. Estudio antropológico de un santuario marítimo.
No ano 2017 publicou “Mariña: de deusa a santa”. A advocación de Santa Mariña na cristianización da Gallaecia (Galaxia), Premio Ramón Piñeiro de Ensaio e Investigación.