O mércores 2 de decembro, ás 11:00 horas, celebrarase unha rolda de prensa arredor de Nacional 547, de Xosé de Cea, no Seminario Ángel Rodríguez González do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS), en Santiago de Compostela.
No acto participarán o autor, Xosé de Cea; o alcalde de San Xoán de Río, Xosé Miguel Pérez Blecual; o director de Editorial Galaxia, Marcos Calveiro; e o secretario xeral da Lingua, Valentín García Gómez.
Durante o encontro presentarase a novela gañadora e daranse a coñecer as bases da nova convocatoria do certame.