Presentación de “Tui. 1900-1936”, na Guarda

Data e hora de comezo: 27, Novembro 2026 / 19:00
Data e hora de remate: 27, Novembro 2026 / 20:00
C.P.

O venres 27 de novembro, ás 19 h, o Centro Social Fuscalho, na Guarda, acollerá a presentación de Tui 1900-1936, de Carlos Méixome, Xosé Ramón Paz Antón e Bieito Alonso Fernández.

A obra recupera o tecido social, obreiro e agrario que marcou a vida de Tui antes do estalido da Guerra Civil. Un exercicio de memoria histórica que permite coñecer e recuperar as voces de quen construíu o día a día da cidade miñota.

Comparte nas túas redes sociais ou por email