O venres 27 de novembro, celebrarase, ás 20 h, no Espazo Isaura Gómez da Biblioteca Municipal de Tomiño, unha presentación e coloquio arredor de As alumnas, de Paula Carballeira.
Esta actividade enmárcase na programación do Outono 2026 de Tomiño, con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, que se conmemora o 25 de novembro.