O luns 9 de novembro, celebrarase, ás 10:30 h, no Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia), en Santiago de Compostela, unha rolda de prensa - presentación, en colaboración coa Cátedra Institucional Otero Pedrayo, arredor da edición do centenario da "Guía de Galicia", de Ramón Otero Pedrayo, a cargo de Manuel Gago Mariño.
O acto contará coa presenza de Ana Cabana Iglesia, vicerreitora de Cultura, Lingua e Patrimonio da Universidade de Santiago de Compostela; Valentín García Gómez, secretario xeral da Lingua da Xunta de Galicia; Antón Vidal Andión, presidente do consello de Administración de Editorial Galaxia; Eduardo López Pereira, presidente da Fundación Otero Pedrayo; e Manuel Gago Mariño, responsable da edición crítica.