O luns 28 de decembro, ás 19 h, o Casino de Pontevedra acollerá a presentación de Unha historia de Nós, de Pablo Diego Dios.
No acto participarán o autor e Antón Vidal Andión, presidente de Editorial Galaxia. A presentación contará tamén cunha actuación musical de Xan X. López, que interpretará varias pezas con zanfoña, guitarra e voz.
Entrada libre e de balde.