O xoves 22 de outubro, celebrarase, ás 19 h, na Fundación Penzol - Casa Galega da Cultura, en Vigo, un acto conmemorativo que leva por título Antonio Pérez Prado no seu centenario. 1926 - 2026.
O acto, coordinado e presentado por Malós Cabrera, vicepresidenta segunda da Fundación, contará coa participación de:
Emilia García López, historiadora, especialista na recuperación do patrimonio documental da diáspora e do exilio galego. Técnica da área de Acción Exterior do Consello da Cultura Galega.
— “A palabra acesa na distancia. Antonio Pérez Prado, o contexto histórico na Arxentina e o legado da diáspora galega”.
Xan Carballa, xornalista, editor e fotógrafo. Editor en Engaiolarte Edicións.
— “Antonio Pérez Prado, galego de nación”.
Silvestre Gómez Xurxo, presidente da Editorial Sept e membro do Padroado da Fundación Penzol.
— “Pérez Prado na Fundación Penzol”.