O venres 20 de novembro, celebrarase, ás 20 h, Casa Veciñal de Cespón, a presentación de Paio e o gatipedro, Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado, en colaboración coa Asociación Cultural Barbantia e a Comunidade de Montes Deira-Pedroso.
O acto contará coa participación da autora e ilustradora; Carmen Silva, concelleira de Educación e Normalización Lingüística; e María Xesús Blanco, presidenta da A. C. Barbantia.
A xornada incluirá unha representación teatral a cargo do Grupo de Teatro BarbanTEA.
Ao remate haberá petiscos e agasallos.