O xoves 1 de outubro, inaugúrase na praza de Padrón de Rianxo a exposición Virxinia Pereira. Dez voltas na vida.
A mostra achega á cidadanía a vida e o legado de Virxinia Pereira Renda a través de doce paneis que percorren algúns dos momentos máis relevantes da súa traxectoria.
A exposición está comisariada por Xesús Domínguez Dono e producida por Editorial Galaxia, co asesoramento da escritora Montse Fajardo. Está promovida conxuntamente polos concellos da Estrada e Rianxo e a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral da Lingua.
A iniciativa enmárcase no irmandamento entre A Estrada e Rianxo e coincide coa declaración de 2026 como Ano Cultural Virxinia Pereira por parte do Concello da Estrada.
A exposición poderá visitarse ata o 30 de xaneiro de 2027.