O mércores 30 de setembro, ás 12:00 h, celebrarase no Auditorio Martín Códax do Conservatorio Superior de Música de Vigo o acto de apertura do curso 2026/2027.
No marco deste acto, o autor Julio Alonso impartirá a clase maxistral “A gaita galega: lembranza dun baile esquecido”.
A xornada contará tamén coa intervención musical de Xiana Teixeiro, Rafael Muñoz e Alejo Amoedo.