Presentación de “Buscando a Dalia”, no Carballiño

Data e hora de comezo: 15, Setembro 2026 / 20:00
Data e hora de remate: 15, Setembro 2026 / 21:00
Libraría Escolma
Rúa Tomás María Mosquera, 44
C.P. 32500
Carballiño

O martes 15 de setembro, celebrarase, ás 20 h, no exterior da libraría Escolma do Carballiño, a presentación de Buscando a Dalia, de Miguel Anxo Fernández.

Acompañando o autor, estarán Raquel Domínguez, xornalista da CSAG (Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia); e Carlos Rodríguez Calvo, escritor, xornalista e presidente do Centro de Estudios Chamoso Lamas.

 

Comparte nas túas redes sociais ou por email