Conferencia: “Begoña Caamaño, xornalismo para a cidadanía”, en Castro de Rei

Data e hora de comezo: 4, Setembro 2026 / 19:00
Data e hora de remate: 4, Setembro 2026 / 20:00
Casa da Galería
Rúa Alcalde Emilio Sinde Nieto, 8-9
C.P. 27250
Castro de Rei - Terra Chá

O venres 4 de setembro, celebrarase, ás 19:00 h, na Casa da Galería, en Castro de Rei, unha conferencia de María Xosé Porteiro arredor do seu libro Begoña Caamaño, xornalismo para a cidadanía.

Celebrarase, tamén, a proxección do documental da RAG Begoña Caamaño: navegar no pracer do azul.

Comparte nas túas redes sociais ou por email