“Da soia ao grelo”: O emocionante encontro entre a cociña atlántica e a tradición oriental, en Club Faro

Data e hora de comezo: 9, Novembro 2026 / 20:00
Data e hora de remate: 9, Novembro 2026 / 21:00
MARCO
Rúa do Príncipe, 54
C.P. 36202
Vigo

O luns 9 de novembro, celebrarase, ás 20 h, no MARCO, en Vigo, a presentación do libro Da soia ao grelo. Cociña galego-chinesa, de Betty León Fong, organizada por Club Faro.

Acompañando a autora, estará Rafa Centeno, chef do restaurante Maruja Limón; e Xesús Domínguez Dono, director de Produción de Editorial Galaxia.

Comparte nas túas redes sociais ou por email