O venres 3 de xullo, celebrarase, ás 18:15 h, na Festa dos Libros de Pontevedra, un encontro que leva por título Letras Galegas.
Contará coa participación de María Xesús Nogueira, Volveredes brindar por min (Editorial Galaxia), Paula Carballeira, O transgredir das ondas (Editorial Galaxia), Beatriz Maceda, Begoña ou o pracer da amizade (Xerais) e María Xosé Porteiro, Begoña Caamaño. Xornalismo para a cidadanía. De Vigo a Compostela (Editorial Galaxia).
Presenta Víctor Freixanes, escritor e editor.