Tomiño rende homenaxe a Xosé Luís Franco Grande coa presentación de “Un intre no tempo”

Data e hora de comezo: 24, Abril 2026 / 20:00
Data e hora de remate: 24, Abril 2026 / 21:00
Espazo Isaura Gómez (Bibioteca)
Rúa Colón, 4
C.P. 36740
Tomiño

O venres 24 de abril, ás 20:00 horas, celebrarase na Biblioteca Isaura Gómez a presentación do libro Un intre no tempo. Poesía reunida 1967-2017, como homenaxe a Xosé Luís Franco Grande, en edición de Teresa Seara.

No acto intervirán Sandra González Álvarez, alcaldesa de Tomiño; Henrique Monteagudo, presidente da Real Academia Galega; Marta Dacosta, escritora e vogal do Consello Directivo da AELG; Xosé Soutullo, presidente de Editorial Galaxia; Teresa Seara, editora do libro; e Navia e Rosalía Franco, fillas de Xosé Luís Franco Grande.

Comparte nas túas redes sociais ou por email