Cortizo Conde, David

David Cortizo Conde
Cortizo Conde, David

naceu en Guxilde, na parroquia de Alba (Pontevedra), en 1978. Desde moi novo, grazas ás autoras e autores da xeración Lamote, foi un ávido lector de literatura infantil e xuvenil, e continúa a selo. Tras un periplo profesional que o levou a traballar nunha fábrica de repostería industrial, nun restaurante de comida rápida, repartindo e montando mobles, e mesmo no sector do metal, chegou como comercial ao mundo do libro, onde foi editor e unha das persoas fundadoras da editorial Cuarto de Inverno. Continúa ligado ao sector editorial e, desde 2023, preside a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix).

Púrpura Tero é a súa primeira obra publicada.

Foto do autor © Yolanda Ataraxia

As súas obras

Púrpura Tero
9788411763356
14.30€ CON IVE