“A noiva cuántica”: o regreso de Cid Cabido

E se o amor fose un servizo máis? Esta é unha das preguntas que atravesan A noiva cuántica, a novela coa que Xosé Cid Cabido regresa á narrativa cunha historia ambientada na cidade de San Francisco e protagonizada por Paul Rothko, un home que traballa como acompañante de persoas solteiras para a axencia Good Friend. […]