O Consello de Administración de Galaxia nomea, por unanimidade, Director Xeral da editorial a Marcos Calveiro

En reunión do Consello de Administración de Editorial Galaxia celebrada na tarde do 28 de maio, acordouse, por unanimidade, nomear novo director xeral a Marcos Calveiro (Vilagarcía de Arousa, 1968). A remuda na dirección, que se formalizará o vindeiro 1 de xullo, prodúcese polo próximo cesamento nas súas funcións do actual director, Xosé Manuel Soutullo, […]