Cynthia Menéndez e Carmen V. Valiña gañan o Premio Antón Losada Diéguez con dúas obras de forte compromiso social

O concello ourensán de Boborás acolleu o fallo da 41.ª edición do Premio Antón Losada Diéguez, un dos galardóns máis prestixiosos das letras galegas, que nesta ocasión recoñece o traballo de Cynthia Menéndez e Carmen V. Valiña por dúas obras publicadas por Editorial Galaxia. O xurado, composto por representantes das tres universidades galegas, a Real […]