Rolda de prensa – Presentación de contos en formato audiolibro, na Once

O xoves 8 de maio, celebrarase, ás 16:30 h, no Auditorio da sede Once, en Vigo, unha rolda de prensa arredor dos audiolibros publicados en Editorial Galaxia. No acto, participarán José Ángel Abraldes Rodeyro, director ONCE Centro de Recursos Educativos, Teresa Santamaría, directora e actriz de dobraxe, e Marcos Calveiro, director de Edicións de Galaxia. […]