Así comeza “Virtudes (e misterios)”
“Cando a avoa se anoxaba, acendíaselle un brillo de fereza nos ollos e apertaba os dentes nun aceno severo que lle tiraba do queixo para arriba e lle tensaba as engurras. A min lembrábame a un bulldog á espreita da túa debilidade, do teu erro: mirábate dende embaixo, dende a altura mínima das pernas arqueadas, […]