Xaquín Núñez Sabarís gaña o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2019

A obra Cartografías da narrativa galega contemporánea, de Xaquín Núñez Sabarís resultou gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2019, que organizan conxuntamente a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e Editorial Galaxia co patrocinio de Caixa Rural Galega. A xuntanza do xurado realizouse hoxe, día 27 de decembro de 2019, ás […]
“Extraordinario”, primeira novela en galego recomendada polo Pen de Estados Unidos

Extraordinario, de Antón Lopo, converteuse na primeira novela en galego que entra no selecto grupo de obras recomendadas polo Pen de Estados Unidos, unha das organizacións máis prestixiosas do país. O recoñecemento chega a través da tradución que realizou Jacob Rogers e que lle valeu a célebre bolsa anual do Pen e da Fundación Heim. […]