Convocatoria Premio Literario Illa Nova de Narrativa 2020

A Editorial Galaxia convoca a terceira edición do Premio Literario Illa Nova de Narrativa 2020 para autores e autoras menores de 35 anos co obxectivo de estimular a creación. En 1957 a Editorial Galaxia botou a andar a colección Illa Nova, coa que pretendían dar continuidade ao proxecto da editora a través das novas xeracións, […]

Presentación de Castelao en Vigo

O día 29 de outubro, ás 20:00 horas, terá lugar a presentación do libro Castelao. Construtor da nación. Tomo I de Miguel Anxo Seixas na Hemeroteca da Escola de Artes e Oficios de Vigo. Ademais do autor, intervirán X.L. Méndez Ferrín, Anxo Cabada, presidente do Ateneo, e Francisco Castro, director xeral da Editorial Galaxia. O meniño rianxeiro, […]