Tes ata o 1 de xuño para participar no Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro

O vindeiro sábado 1 de xuño rematará o prazo para participar na II edición do Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro. Convocado polo Concello da Pobra en colaboración coa Editorial Galaxia e Barbantia, o Premio Carlos Mosteiro nacía o pasado 2018 con dous obxectivos fundamentais: honrar a figura do escritor finado o pasado xullo de 2017, fortemente vencellado […]