En memoria de Manuel Antonio (Cholo) Rei Flórez, por Xavier Alcalá

Entre escritores xorde unha tendencia frecuente: a de imaxinar personaxes coas características de persoas coñecidas. Por veces, axústanse contas con compañeiros da vida dos que non gustamos. Outras, retratrátanse amigos queridos coma personaxes. Alén da desventura é unha novela chea de amigos –e non tan amigos– do século XX personificados como suxeitos do século XVIII. […]