AIRE, de María Fumaça, Premio Martin Codax

Aire, o novo proxecto musical de María Fumaça, mereceu onte o Premio Martin Codax na categoría infantil. Estaban nominados tamén A Gramola Gominola e a Pesdelán, dous fantáticos grupos. Aire son cancións de diferentes estilos pero presididas pola mesma filosofía do primeiro traballo: a alegría de vivir, de ser, de estar no mundo, de compartir. […]

Sapos e sereas no Diario Cultural da Radio Galega

Chus Nogueira fala na páxina narrativa do Diario Cultural da Radio Galega sobre o conxunto de relatos Sapos e sereas, de Ana Cabaleiro. Catro textos precedidos de cadansúa cita, algunhas delas sorprendente, que encabezan os distintos relatos que adquiren unidade cun epílogo non narrativo. Para Chus Nogueira hai moito de reescritura de personaxes, de mitos, da literatura, […]