Novidade editorial: Alí Babá, Morxiana e os corenta usureiros, de Marilar Aleixandre

Chega ás librarías estes días Alí Babá, Morxiana e os corenta usureiros, a última entrega no eido da literatura xuvenil de Marilar Aleixandre. O libro, publicado na colección Costa Oeste, de Morxiana, a verdadeira protagonista do conto de Alí Babá, unha muller afouta que lle vai dar a volta ao mundo, e á historia tradicional, […]
A galiña azul despediu a súa xira no programa FalaRedes

A actividade de dinamización lingüística A galiña azul despide estes días o seu paso polo programa FalaRedes en 21 concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia. Á función do pasado 11 de abril en Lalín, a penúltima antes da derradeira en Cangas, acudiron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, […]
A viaxe ferroviaria de Carlos Casares

A semana pasada, Xesús Fraga publicaba en La Voz de Galicia esta extensa reportaxe sobre O expreso da literatura e outros ensaios, a escolma de artigos e conferencias sobre escritores de Carlos Casares que a Editorial Galaxia vén de publicar con motivo do Día das Letras Galegas deste 2017. “É sabido que entre as afeccións […]
A soidade das medusas: o futuro da narrativa galega

Mario Regueira detíase hoxe a falar na súa columna semanal de libros no Sermos Galiza de A soidade das medusas, o segundo libro de Iria Collazo. Regueira loubaba esta nova entrega que “a pesar da súa brevidade […] é unha engrenaxe coidadosamente armada, cunha estrutura que redonde unha proposta xa de por sí orixinal. Baixo […]
Ana Cabaleiro: unha nova voz

Onte presentábase en Pontevedra, nunha Casa da Luz que quedou pequena para acoller a tantos lectores, Sapos e sereas, a exitosa estrea literaria de Ana Cabaleiro, da que Montse Pena Presas escribía hoxe nas páxinas do Faro da Cultura: “un monllo de relatos que se caracterizan pola ollada feminista que deitan e polas súas protagonistas […]
O agasallo de Anya cobra vida en marioneta

O Teatro de Marionetas Trécola, prepara unha adaptación de O agasallo de Anya, a novela de Sabela Núñez Singala. Despois de máis dun ano de traballo, a obra estrearase o día das Letras Galega no Museo Provincial de Lugo, e por fin poderemos ver como O agasallo de Anya cobra vida dun xeito novo grazas […]