Nordeste, de Daniel Asorey, en Vigo

No Café Badía preséntase a novela de Daniel Asorey, Nordeste, gañadora da última edición do Premio de Narrativa Breve Repsol. Ás 20.10h e acompañado de Iolanda Galanes e Carlos Lemas, tamén esperamos contar coa vosa presenza. Trátase dunha novela que se ocupa da interconexión entre Galicia-Brasil a través dunha ucrónica República galega de expansión ultramariña e da […]

A Fundación Penzol súmase á conmemoración do Día de Rosalía

O próximo venres, día 24 de febreiro de 2017, cúmprense 180 anos do nacemento de Rosalía de Castro, en que Galicia conmemora o Día de Rosalía para recoñecemento e exaltación de quen se convertiu nun dos signos máis importantes da nosa identidade. A Fundación Penzol incorpórase a esta celebración expoñendo algúns documentos e publicacións existentes […]