Daniel Asorey obtén o Premio Repsol con "Nordeste"
O escritor Daniel Asorey, profesor de Ensino Secundario e coautor do libro de narrativa DE SOÑOS E MEMORIAS (2003), obtivo o Premio de Narrativa Breve Repsol 2016, que se deu a coñecer hoxe na Coruña, cunha obra titulada NORDESTE. A historia desenvólvese en dous mundos en interconexión: o sertão brasileiro e unha ucrónica República Galega. […]