O público acompaña a Francisco Castro e Manuel Portas

Os novelistas Manuel Portas e Francisco Castro presentaron o pasado venres as súas novas novelas, LOURENÇO, XOGRAR e AMOR É UNHA PALABRA COMA OUTRA CALQUERA en Sigüeiro e na Coruña, respectivamente, onde foron acompañados polo público. No blog podedes ver unha galería de imaxes destas presentacións.

'As últimas galerías', finalista do Premio Literario Arcebispo San Clemente

O instituto compostelán Rosalía de Castro acolleu onte a presentación das novelas finalistas da 22 edición do Premio Literario Arcebispo Juan de San Clemente. Na categoría de lingua galega as elixidas foron 'Amor en alpagatas', de Manuel Portas, 'As últimas galerías', de Xosé María Álvarez Cáccamo editada por Galaxia, e 'Izam o da saca', de […]