A poesía de Manuel María nun libro-CD infantil de Pirilampo

Chega ás librarías galegas Teatro de Guiñol, un libro-disco do grupo coruñés Pirilampo, que homenaxea ao poeta Manuel María o ano no que se lle adica o Día das Letras Galegas. Un novo traballo da colección Sonárbore de Editorial Galaxia, destinada a achegar a produción musical -de calidade- aos máis pequenos e pequenas da casa. […]