Manuel Portas: "O amor segue a ser o nó central do que escribo"

O pasado mércores contra o mediodía coñecíase a identidade do gañador do Premio Manuel García Barros que auspicia o Concello da Estrada e que publica a Editorial Galaxia. Manuel Portas, coa súa novela titulada "Lourenço Xograr" facíase merecente do premio deste ano. Polo outono, a súa obra será publicada na nosa editorial na colección Literaria. […]