Arcadio López_Casanova

Unha novela da meirande orixinalidade, de medida arquitectura, de axustada trama narrativa, e escrita, por máis, nunha lingua viva, rica, expresiva (que acerta coa incorporación da tan curiosa e interesante xerga do mundo do graffiti). Relato do noso tempo, de moi iluminadora (e eficaz) visión realista, e de certeira focalización no dicir da primeira persoa […]
A USC e a Fundación Otero Pedrayo recordan en Compostela a derradeira lección do patriarca das letras

O Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela acollerá o próximo martes día 3 de marzo ás 12h o acto de lembranza A derradeira lección de Otero Pedrayo, na memoria do seu discurso de despedida como catedrático da USC, en marzo de 1958. Discurso solemne que o mestre converteu […]