Presentouse a versión para móbiles e tablets de SEMPRE EN GALIZA

Onte, no marco da Feira da Coruña, Marcelino Fernández, xerente do Consello da Cultura Galega, Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, e Francisco Castro, coordinador de Novos Proxectos de Galaxia, presentaron a versión aumentada do Sempre en Galiza de Castelao. Francisco Castro explicou durante a demostración do funcionamento desta aplicación para tablets e móbiles […]

As Maimiñas e Paco Nogueiras na Semana da Música Infantil da Coruña

Esta fin de semana tamén será tempo para a boa música infantil na Feira do Libro da Coruña. Chega á súa fin a Semana da Música Infantil que producimos dende a Editorial Galaxia e que constituíu un enorme éxito de asistencia, coa carpa chea todos os días sen excepcións de cativada con ganas de cantar […]

Concerto de Luis Emilio Batallán en Celanova

O cantautor Luis Emilio Batallán presentará o seu novo libro-disco HABÍA QUE CHEGAR. Celebrarase no Claustro Barroco do Mosteiro de Celanova e a entrada será de balde. Luis Emilio Batallán, autor do disco en galego máis vendido da historia (Ahi ven o maio, 1975), lanza o seu novo álbum 'Había que chegar', publicado por Editorial […]

Presentación de DÍAS DE CUBA na Coruña

O escritor Xosé Neira Vilas presentará o seu libro DÍAS DE CUBA acompañado do director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes. Ao tempo presentarase "Crónica dunha fecunda amizade", de Ed. Volanda. Sobre este novo libro de Neira Vilas o crítico literario Ramón Nicolás escribiu que estamos diante "dunha indispensable fonte de datos e vivencias, un […]