Éxito na presentación de XIQUI XOQUE, FIÚ FIÚ! na Coruña

Onte non había sitio nin para un mosquito aínda que fose moi delgado porque foron moitísimos os nenos e as nenas que quixeron achegarse ata a Biblioteca Monte Alto para compartir unha marabillosa viaxe no tren da alegría. No noso blogue deixamos unha completa mostra fotográfica desta xornada de luz e felicidade.